Os Ollos Da Ponte

Sinopsis del libro

libro Os Ollos Da Ponte

Con Os ollos da ponte, segunda entrega da futura triloxía Vidas de infancia, Ramiro Fonte volve reconstruír meticulosamente un espazo físico e moral, a vila de Pontedeume nos últimos sesenta, desenvolvendo cumpridos panoramas sociais, ao estilo das novelas do XIX. A diferenza do primeiro volume, Os meus ollos (Xerais 2003), nesta reflexión sobre a recuperación da infancia, a vida familiar cede o protagonismo ao ámbito da escola pública, que vincula todos os episodios da existencia do rapaz. Escrita con elegancia a pesar do sensible da materia, na que están implicadas as vidas de persoas reais, a novela é un modelo de exactas e virtuosas descricións, formuladas por medio dun humorismo benévolo e unha emoción serena. Así mesmo, Os ollos da ponte constitúe un ensaio sobre a temporalidade dos seres e da novela como arte temporal, na que as diversas técnicas narrativas se poñen ao servizo dunha obra que constantemente vai creando a súa propia arquitectura e reinventándose a si mesma. Un relato no que Ramiro Fonte explora os límites entre a ficción e a verdade da escritura literaria mediante a descrición dunha estensa galería de tipos humanos, proxectando un século enteiro de vida dun prototipo de vila galega. Pola súa riqueza en nostalxias que a todos nos vinculan e polo seu alto ton narrativo, que afouta as nosas capacidades sensoriais, aparenta un confeite mesmo nas mans do lector desavezado e confirma a busca por parte do autor dun gran estilo para a prosa galega baseado na humildade, na sinxeleza e no diáfano.

Ficha del Libro

Número de páginas: 349

Autor: Ramiro Fonte

Tamaño: 1.88 - 2.44 MB

Descargas: 2248

Opciones de descarga disponibles

Si deseas puedes conseguir una copia de este libro en formato EPUB y PDF. Seguidamente te indicamos un listado de fuentes de descarga directa disponibles:


Opinión de la crítica

POPULAR

4.1

60 valoraciones en total